arume en galego - por petogalego

arume

O arume (segundo algúns dicionarios e textos en galego e sen aparecer no dicionario da RAG con esa acepción) é a sensación sensorial agradable que provocan no nariz as partículas que desprende unha cousa. Sinónimos serían arrecendo, recendo, perfume ou fragrancia.

Arume tamén poden ser as follas do piñeiro, que de seguro tedes escoitado grazas a Eduardo Pondal.

No dicionario Estraviz atopei tamén:

  • que pode ser o conxunto de aros dispostos para facer cestas ou a parte da cesta onde están os aros.
  • ramos e follas secas amoreadas para queimar.
  • cousa débil que se desfaz como a lenha frouxa e que também recebe o nome de arúmia.

Pero destas tres definicións non atopei máis información en ningún sitio.

Coñeciades algunha destas outras definicións?

7

Como lle dis ti a ese arume como recendo?

Min votes count should be 1

Deixar unha resposta