O Aquén e o Alén en galego - por petogalego

O Aquén e o Alén

O Alén é o mundo dos mortos.

E sabedes que o Aquén é o seu contrario?

No libro “Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria” de Víctor Vaqueiro (Editorial Galaxia), o autor escribe máis ou menos que para o pensamento galego, o Alén e o Aquén conviven nun mesmo plano,
aínda que separados por unha diferente percepción do tempo.

Coñeciades o Aquén coma o contrario do Alén? Compartides a visión de Víctor Vaqueiro? Pensades que os galegos sentimos a morte coma algo máis cotián e perto? Que aínda temos unha conexión especial có Alén? Ou perdeuse xa?

Aquí unha foto do camposanto da parroquia de Santa Eulalia de Liáns. No concello coruñés de Oleiros (onde gravaron Padre Casares e algunhas partes de Matalobos!)

 

 
 

agro animais aprender galego corpo eufalogalego galego galegos galegospolomundo galicia galiciacalidade galiciaglobal galiciamaxica galiciameiga galiciamola galician galiciaterraunica galiciaverde galiciavisual galiciaviva galiza galizacalidade galizaimaxes lingua galega linguagalega natureza partes do corpo petogalego queremosgalego somosgalegos vocabulario galego

Deixar unha resposta