pota en galego - por petogalego

pota

 
Qué é unha pota?
 
Un recipiente para cociñar?
 
Un tipo de lura?
 
Unha parte do alambique?
 
Pois as tres cousas!
 
A pota usámola para facer un caldiño.
 
A pota cociñámola despois de pescala.
 
A pota poñémola quentar co bagazo para facer o augardente.
 
Ti usas “pota” para estas tres cousas? Ou como lles dis?
 

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

Deixar unha resposta