escornabois en galego - por petogalego

escornabois

Un animaliño moi galego

Un animaliño moi galego é o Escornabois.

Este verán na praia (uns días de vacacións pola terra despois de tanto tempo sen poder visitala) vin algo patexando na auga. Era un escornabois!

Levaba anos sen ver un!

Tiña que sacalo dalí. E foi alucinante ter un insecto tan grande na man!

Na foto do macho, vese o animaliño cando o saquei da auga.

E curiosamente, o outro día vin un escornabois femia nunha corredoira.

Que beleza de animais!

As súas cornas usábanse coma amuleto protector. Moi interesante ler sobre isto no artigo do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca “Cornos, cairos, pezuños e outros amuletos de orixe animal” escrito por Rafael Quintía Pereira.

O escornabois tamén ten outros nomes por Galicia, coma vacaloura.

Coñecedes outros nomes para este becho? Cómo lle chamades vós? E quen se lembra de Carmiña Vacaloura? 🙂 https://www.youtube.com/watch?v=yh7S039PmWo

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

1

Como lle dis ti ao escornabois?

Min votes count should be 1

Deixar unha resposta