grade en galego - por petogalego

grade

Aquí tedes un antigo apeiro de labranza: a grade de madeira.

Ten un marco de madeira e dous paos no medio, separados un do outro. O marco e os paos levan uns dentes que aplanan a terra ó pasar a grade por enriba dela.

Empregábase despois de arar a terra para aplanala, enganchándoa ao xugo.

Coñecedes este apeiro? Tedes aínda algún?

Deixar unha resposta