Sabedes que o tremor de terra máis antigo rexistrado en Galicia ocorreu en 1604 en Monforte de Lemos?
O documento que fala deste tremor atópase nunha pequena nota dun libro de rexistros das parroquias de A Régoa e San Vicente do Pino.
Pero en Galiza houbo moitos máis tremores na historia.
E nos últimos cen anos os tremores de terra máis fortes foron:
Triacastela – 5.1 – 21/05/1997
Baralla – 4.9 – 22/05/1997
Sarria – 4.6 – 15/02/1979
Triacastela – 4.6 – 29/11/1995
Baralla – 4.6 – 24/12/1995
Triacastela – 4.4 – 23/05/1997
Eu aínda non esquecín o de 5.1 !! Pasei un medo!
Aquí tedes algo máis sobre o tema:
Tremores en Galiza nos últimos 100 anos e máis información https://www.laregion.es/articulo/galicia/cuales-fueron-terremotos-mas-fuertes-galicia-ultimos-100-anos/202105211514071031737.html
Documento do tremor de 1604 en Monforte de Lemos e máis sobre tremores en Galiza neste artigo: https://antonioaretxabala.blogspot.com/2013/09/sismicidad-en-galicia-desde-el-ferrol.html
Sobre os últimos tremores en Galiza este ano https://www.nosdiario.gal/articulo/social/tremores-na-galiza/20210813125947127068.html
….
Vós como lle dicides? Tremor ou tembror? Ou terremoto? Vivistes algún en Galiza? Que lembrades?